O lugar

Escudeiros (San Xoán de Escudeiros), é unha das dez parroquias do concello de Ramirás, na parte suroriental de Galiza, na bisbarra de Terra de Celanova. Está situada nunha ladeira de pendente suave, orientada ao Sur e con vistas á serra de Silva Escura. 

Polo leste e noreste temos o río Arnoia e polo oeste a parroquia de Poulo, xa no Concello de Gomesende. Ten unha extensión de 3,5 quilómetros cadrados, a altitude media apróximase aos 450 m.

Pola súa orientación e pola riqueza das súas terras, antes da época de emigración masiva dos anos 60, a xente vivía basicamente da agricultura e gandaria; os principais cultivos eran centeo, fabas, millo, patacas e liño. Proba disto e a gran cantidade de canastros que había, dos que ainda se conservan algúns en bo estado.

Ata os anos  70 do século pasado tamén tivo  importancia para economía da zona a minaría, relacionada co estaño, da que aínda quedan abundantes vestixios. As pegadas da súa explotación remóntanse deica a época romana. 

escudeiros-2redu.jpg

 

A arquitectura é a típica do rural galego. Mesturanse casas de pedra, aínda en bo estado ou restauradas, canda outras tamén antigas pero en ruinas,  con outras  de construcción máis recente.

Atravesa a parroquia a verea que comunicaba o sur de Galiza con Castela. Da análise das rúas e camiños, das construccións, das fontes augas e sistemas de rego, así como da propia toponímia, deducir que posuía unha grande actividade agrícola e de integración coa natureza.

As seguintes imaxes mostran distintas partes da aldea. Na pestana de historia amósanse tamén alguhas imaxes da antigua arquitectura rural, a maioría con motivos relixiosos.

A Chaira

A-Chaira.jpg

Fondo de Vila

Fondo-de-vila.jpg

A Calle

Calle.jpg

 

Entorno Centro Social

entorno-centro-social.jpg

 

Alcouce

Alcouce.jpg

Pazos

Pazos.jpg

 

Se tes interese en coñecer algo da nosa historia preme no enlace ou na pestana. Historia

Información de contacto

Contacta con nòs: dános as tuas suxestións, escribe  un texto curto para o blog, manda unha foto...
Por motivos prácticos por agora só por correo electrónico.                                         

 

Copyright: José A. Rodríguez
Co tempo estaremos noutras redes sociais e daremos máis opcións.

Formulario de contacto

Se queres alguha información adicional utiliza este formulario. Todos os campos son requiridos

Localización

Como Chegar

Escudeiros

Por estrada OU-531

Desvío en Cerdal. Km 44 (aprox.)

2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos