Orixe

"Escudeiros é un topónimo de orixe ilustre. Escudeiro era o grao anterior ó dos cabaleiros e posterior o de paxe. Neste senso, procedería de ESCUDARIIS que portaban o ESCÜTUM "escudo" do señor."

A primeira referencia ao nome do lugar, que encontrou Carlos Méndez, incorporada ao seu estudo da Toponímia de Ramirás, data do ano 961, no Tombo de Celanova, onde se di que  Zenserigo lle doa a Menendo a cuarta parte das súas villae, entre as que se encontraba Scutarios.

Tamén está documentado no Arquivo Diocesano, no cal se dá conta dunha visita pastoral do ano 1478, data na que habia en Escudeiros 6 veciños.

É de sinalar que este topónimo non aparece en ningún outro lugar de Galiza. En toda a peninsula só aparece en Burgos (Escuderos) e en Portugal.

 

Breve reseña histórico-artística

"No antigo réxime a parroquia de San Xoán de Escudeiros pertencía á xurisdición de Milmanda e ao señorío do Marqués de Malpica.
Na división municipal do 1835 incluíuse no concello de Freás de Eiras. Pasou a pertencer ao concello de Ramirás en 1926, tras a fusión dos concellos de Freás de Eiras e Vilameá."

Un elemento singulizador o longo do tempo desta poboación foron as minas de estaño. Xa se explotaban na epoca anterior a romanización. A finais do seculo XIX aparecen como propiedade do marqués de Bugaray e Cervantes, quen por esas datas, lle vendeu a explotación a unha compañia inglesa: a Royal Mining Company. A inicios do século XX pasaron a ser explotadas por unha empresa francesa, que se marchou ao remate da gerra civil. Foi cando se fixo cargo delas unha empresa de Santiago, que a mantuvo en producción ata os anos 70.


"O lugar de Escudeiros tivo unha das bibliotecas da Institución Libre de Ensinanza (ILE) en Galiza. A ILE foi fundada por Giner de los Rios, cunha clara inspiración na filosofía krausiana alemá."

A Igrexa parroquial data do século XVIII. iglesia.jpg

É de boa cantería, e sitúase no centro do lugar. A súa fachada está en espadana de dous corpos, o
superior curvo.
       
Accédese a ela por unhas escaleiras semicircularesque  que conducen ata os piares, con pirámides sobre
bólas que sosteñen a cancela de entrada ó cemiterio.Escalinata.jpg
                                               

Pegado ao cemiterio atopamos o extraordinario peto das ánimas de Escudeiros, cun desenvolvemento en forma de capela  cuberta con vertente  a dúas augas cos extremos flexionados. A porta ten dous chanzos de acceso e dentro atópase un autorrelevo de madeira policromada, que  amosa a virxe do Carme. Tamén no interior, un vello reloxo de parede sérvelle aos veciños para cumprir as quendas nos labores de regadío.


Peto-das-Animas.jpg

Fronte á capela das ánimas, atópase o fermoso cruceiro coa serpe, simbolo relixioso do maligno.

Cruceiro-desde-o-atrio-con-capitel.jpg
O capitel composto, presidido por unha cruz con Cristo e a Piedade por un lado, e a Virxe Nai cun vestido encarnado polo outro lado.

Outras expresións artísticas que se poden encontrar paseando pola aldea son o cruceiro da Chaira e

Cruceiro-Chaira.jpg


 os arcos, que se supón eran a entrada a casa señorial encargada de recadar a renda ou os dezmos.
Nun documento de foro de 1312 recóllese: "Dona María Fernández, Ona de Ramirás, afora a Juan Martínez de Scudeiros, á súa muller e a un fillo ao casal de Scudeiros no que moran actualmente, por renda de terceira parte do pan, froita e legumes".


Arcos.jpg












                                                            


                                                            









                                                                      

Información de contacto

Contacta con nòs: dános as tuas suxestións, escribe  un texto curto para o blog, manda unha foto...
Por motivos prácticos por agora só por correo electrónico.                                         

 

Copyright: José A. Rodríguez
Co tempo estaremos noutras redes sociais e daremos máis opcións.

Formulario de contacto

Se queres alguha información adicional utiliza este formulario. Todos os campos son requiridos

Localización

Como Chegar

Escudeiros

Por estrada OU-531

Desvío en Cerdal. Km 44 (aprox.)

2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos